Menu

Arredor da Rotonda

Traballo final do Máster de Edición da USC (curso 2010/2011)

No curso 2010/2011 fixen un máster de edición na USC. O meu traballo final tratou sobre Ediciós da Rotonda, un proxecto de María Yáñez do ano 2005 que se pode considerar o primeiro proxecto de edición dixital en Galicia, por máis que a cousa non pasase da publicación dunha única novela, O home inédito, de Carlos G. Meixide. Para non desmerecer un proxecto e un título así, este traballo meu nunca foi editado, e ve agora a luz en soporte dixital por se alguén ten curiosidade por saber algo máis sobre aquela iniciativa "pioneira e chuliña", como a definiron os seus responsables.

Podes ver aquí o PDF deste traballo.