Menu

Ondas e mareas: palabras que van e veñen

Esta publicación parte dun traballo realizado para a materia de Léxico Patrimonial impartida polo profesor Francisco Fernández Rei no máster de Lingüística Galega da USC, que eu realicei no curso 2009/2010.

Logo de que o profesor Fernández Rei nos falase da desigualdade que existe na tradición lexicográfica do galego entre a recollida de material entre o ámbito rural e o mariñeiro, pareceume que podía ser boa idea desenvolver un estudo no que comparar os nomes que se lles dá nas diferentes áreas costeiras de Galicia a conceptos máis ou menos abstractos como o tipo de ondas, as mareas e todos os elementos relacionados con estes fenómenos.

Así que escollín seis lugares distribuídos ao longo da costa (Burela, Cariño, Miño, Fisterra, Cambados e A Guarda), e chamei ás confrarías destas localidades para que me puxesen en contacto con mariñeiros de máis de sesenta anos que puidesen servir de informantes. Durante os primeiros meses de 2011 mantiven as seis entrevistas, sempre cun grupo de mariñeiros que oscilaba entre catro e seis.

O resultado daquela serie de visitas foi este traballo, que logo se completou co que recollen os dicionarios galegos e portugueses sobre eses mesmos termos que foron saíndo nas entrevistas, e mesmo con obras literarias que teñen o mundo do mar como elemento central.

Por desgraza, perdín todas as gravacións agás unha, a realizada en Cambados, e que inclúo aquí a modo de exemplo do modelo de entrevista que se realizou.

Tamén se pode descargar aquí o PDF da revista nº 32 de Cadernos da Lingua (o meu artigo ocupa as páxinas 81-135).